Wednesday 15 de May de 2024

A fadista María do Ceo presenta o seu novo disco mañá sábado na Casa da Cultura de Lousame


María do Ceo, cantante de fado e compositora portuguesa afincada en Galicia, presentará o seu novo disco, “De Portugal a Galicia”, mañá sábado 11 de xuño, ás 20:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Lousame. O concerto incluirá unha selección de temas do seu último traballo, polo que incluirá pezas en galego e en portugués. A entrada é libre e de balde, ata completar as 88 butacas do aforo da sala.